ANÁLISE DE CLASES
Ao longo dos días que levamos esta semana, non podo dicir que fosen moi fructíferos para a miña reflexión da planificación e execución do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Deixo a un lado a avaliación sobre a posta en práctica da planificación xa que é un aspecto que penso non se pon en práctica moi a miúdo. Por suposto existe planificación das sesións, obviamente a execución é imprescindible, pero a avaliación.....é unha asignatura pendente por parte do profesorado de linguas. Non se ten por costume analizar ou avaliar cómo foi a sesión, qué fallou, qué tivo éxito, en qué plantexamentos me puiden equivocar...Na maioría das ocasións, cando algo falla bótase a culpa aos nenos: hoxe non é o seu día, están vagos, pouco traballadores, as clases de inglés pola tarde mellor que non (e recoñezo que é verdade. Os nenos polas tardes soen estar máis cansos, intranquilos e impacientes por saír).
Estes días pouco podo comentar. Comenzan os exames e xa tiven uns cantos polo que as clases de inglés se reducen ao mínimo. gustaríame comentar unha clase de 4º do luns e outra de 3º do martes como exemplos de cómo se vai desenvolvendo a posta en práctica na aula de inglés. A clase que tiven con 6º prefiro reservar o seu comentario para a reflexión sobre a acción de cada semana xa que é a que eu planifiquei sobre o vocabulario de deportes que vos comentei nunha entrada anterior. Como as restantes sesións analizadas en base ás preguntas de análise propostas están desarrolladas conxuntamente e incluireinas na memoria directamente para non repetir o mesmo preferín comentar no blog algunhas daquelas sesións que non foron debatidas cos nenos e a titora.
Con respecto á clase de 4º, comezamos empregando o class book (esta semana a verdade é que o está empregando moito en comparación coas anteriores, ao mellor motivada pola proximidade dos exames, menos tempo para planificar....)
-First, we are going to remember the story again. Listen to the story, please! (a historia xa a escoitaran o venres anterior e estiveran traballando sobre ela: "I can't do my homework", con listening, flashcards, cuestións sobre a comprensión da historia...)
Escoitan a historia novamente no CD (comprensión oral) para despois, cada neno, representar un presonaxe da mesma (reading). Repítese varias veces para que podan participar a maioría, que queren saír voluntarios e non queren quedar sin ler.
Como se trata dunha histora en donde un neno trata de facer os deberes en distintas partes da casa pero non poden porque están ocupadas por outros membros da familia, a profesora aproveita para practicar novamente as partes da casa:
-Where is Dan in picture 2?
-kitchen
-sorry?
-He is in the kitchen-repite o neno (sabe que a profe sempre pide as respostas longas)
Despois de varias cuestións deste tipo, comeza a intercalalas con outras nas que recordan as accións e tamén os pronomes persoais, xa que algún neno ten problemas con eles:
-What's Dad doing in picture number 1?
-He's cooking dinner
De seguido:
-Now, we are going to translate the story. (sí, listes ben, a omnipresente traducción apareceu como exercicio habitual esta semana que se emprega máis o libro de texto e os listenings, o cancro da ensinanza de linguas. Qué desilusión!!!)
Nesta ocasión, outros nenos fan o papel de cada personaxe pero traducindo ao castelán/galego o que din en cada viñeta. Chamoume a atención que estes días en diferentes clases empregou as historias dos libros de texto, mandou ler, traducir, comprender...pero non producir, quero dicir, nin oralmente, mediante un role-play, nin de forma escrita, por exemplo, que mediante as viñetas inventasen outro texto e despois o escenificasen por grupos.
Despois de rematar de "traducir", a profesora manda identificar a flashcard(levántaa e ensínaa a toda a clase) co texto que aparece no libro e lelo en alto.
Para finalizar a sesión, que foi bastante convencional para o que eu estaba acostumada neste grupo, mándalles abrir o Activity Book, donde teñen que facer un exercicio de repaso de accións (que son as típicas de sempre):
-He's washing up
-She's listening to music
-they are playing on the computer....
e outro de escoitar no CD e identificar as accións que se mencionan cos debuxos que aparecen no libro.
A clase de 3º foi un pouquiño máis activa e participativa por parte dos nenos. Coma sempre, comeza correxindo os exercicios que mandou de deberes (sempre manda algún). Despois:
-Do you remember the story of the tiger and the gorilla? (é a historia do tigre e do gorila na que xa traballaran a semana anteri.
-Yes, yes.
-Ok. Now, I need ten volunteers (levantan a man todos, por suposto, pero escolle a dez nenos. Consecuentemente, o resto quedan todos compunxidos)
Reparte as flashcards da historia entre os 10, que se atopan xa no encerado.
-As you can see, the cards are not in the correct order. You have to put them in the correct order, ok? (como vedes as instruccións son sinxelas e máis despacio do habitual para que a entendan sen necesidade de falar en español)
O resto vai dicíndolles como teñen que colocarse. Teñen que poñerse de acordo sobre a posición, non poden dicir uns unha e outros outra (dialogar e tomar decisións). Cando rematan teñen que abrir o libro e comprobar si, ao final, teñen boa memoria e os colocaron ben ou mal.
-Now, I'm going to read a card and you have to put that card up (comprensión oral). Así ata completar a historia.
-Ok, very good.
-Otehr volunteers....(saen outros nenos que xa estaban protestando porque non cambiaba)
-This time I'm going to say one or two words related to the card and you put it back. Remember, BACK (e fai ela o xesto de poñer un papel na espalda). Novamente completa a historia
Agora, todos sentados xa, a profe levanta unha a unha as tarxetas e os nenos teñen que ler, dende o libro, o que pon cada viñeta que se está a amosar (reading). Depois, reparte novamente as flashcards entre algúns nenos, esta vez sentados todos, e pon o "listening" da historia e aqueles que teñan a flashcard correspondente á viñeta que se está a escoitar teñen que mantela levantada. Ao principio había algún despistado que non entendera ben a dinámica da actividade, pero despois dalgunha mostra, foina collendo perfectamente.
Rematou a clase introducindo unha canción sobre outros animais salvaxe e dónde viven. Primeiro lee a canción en alto, ensina os debuxos dos animais (lion, whale, zebra...) e vai explicando donde viven:
-tigers live in the jungle. Tigers don't live in the sea. Do tigers live in Santiago?
-No!!!
E así con todos os animais que aparecen na canción. Os nenos escoitanna, cántanna e bailan.
Explicándo así a sesión parece unha clase un pouco liosa, con moitas actividades, descompensada...pero a verdade é que as actividades eran todas bastante curtas e os nenos estiveron moi activos e participativos, incluso divertíndose. Coma sempre, aínda que hai "speaking", segue a faltar o aspecto comunicativo en situación real da lingua. Todas son situacións preestablecidas ben pola profesora, ben polo libro de texto.
Por certo, hoxe entreguei o cuestionario sobre o inglés na clase de 6º. O fin de semana tocarame reflexión e análise sobre o mesmo. A ver cáles son os resultados, pero polo que puiden observar, ahi algunhas respostas bastante significativas, algunhas ata chocantes.